Pan do Mar ofrece conservas de peixe e mariscos de pesca sustentable e controlada, con aceites, mollos e escabeches elaborados con ingredientes procedentes da agricultura orgánica: unha ampla gama de produtos para satisfacer os diferentes gustos dos nosos clientes. Conservas Antonio Pérez Lafuente, unha compañía con preto de 100 anos de tradición e experiencia. Alta calidade e sabor natural combinados cun razoable equilibrio e respecto pola natureza.
A nosa proposta
Volandeira das Rías Galegas en salsa de vieira ecolóxica 115g
As volandeiras (Aequipecten opercularis) críanse nos fondos de seixos e area da Ría de Arousa, onde se colleita pola frota de baixura de Rianxo e Cambados.
A vianda deste produto obtense de ½ quilo de volandeira fresca, aberta ao vapor e envasada en salsa de vieira segundo receita tradicional baseada en sofritido de tomate e cebola en aceite de oliva ecolóxico; aderezada con pemento, cenoria e especias.
Todos os ingredientes que se utilizan para a elaboración da salsa proveñen da agricultura ecolóxica certificada polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de de Galicia: É-GA-É/CRAEGA.
- Peso Neto
- 115g
- Peso Escurrido
- 80g
- Ingredientes
Volandeira 70%, aceite de oliva extra virxe8%, tomate* 8%, cebola 3, cenoria*, pemento en tiras*, viño branco*, pemento*, comiño*, tomiño*, romeu*, oregano*, azucre*, sal mariño (Ecolóxico. Procedentes da agricultura ecolóxica certificada 23,84%)
- Producto libre de gluten



