Quen somos

CPL é unha empresa familiar dedicada á elaboración de conservas de produtos do mar desde comezos do século pasado; a nosa factoría está ubicada en Vilanova de Arousa, vila costeira do noroeste da Península Ibérica

ler mais

SUSTENTABILIDADE

Nos últimos anos as pescarías en todo o mundo foron sometidas a unha enorme presión. A continua demanda de alimentos para satisfacer as necesidades dunha poboación en continuo crecemento forzaron a explotación dos recursos pesqueiros até niveis dificilmente sustentables, ameazando con superar a capacidade dos océanos para manteren a vida mariña tal como a coñecemos.

ler mais

OS PRINCIPIOS QUE REXEN A NOSA ACTIVIDADE

uno

Elaboración artesanal

Todo o peixe se coce, se limpa e se fileta a man e envásase nas nosas instalacións seguindo prácticas e receitas tradicionais da cociña local.

uno

Pesca Sostenible

Todo o peixe que se procesa na factoría procede de pescarías consideradas como sustentables e é capturado con artes de pesca tradicionais seguindo criterios homologados pola FAO e organizacións conservacionistas baseados no emprego de métodos de pesca selectiva e controlada.

uno

Ingredientes Ecolóxicos

O mesmo interese na conservación do medio natural rexe para a selección dos ingredientes que acompañan os nosos elaborados de peixe e mariscos, aceites de oliva extra virxe de primeira prensaxe en frío, vexetais, especiarías e vinagres para mollos, todos provenientes de cultivos ecolóxicos e biodinámicos certificados.

OS NOSOS PRODUTOS

Pan do Mar ofrece conservas de peixe e mariscos de pesca sustentable e controlada, con aceites, mollos e escabeches elaborados con ingredientes procedentes da agricultura orgánica: unha vasta gama de produtos para satisfacer os diferentes gostos dos nosos clientes.

ler mais

RESPONSABILIDADE SOCIAL E COMPROMISO CO AMBIENTE

Alén do mero cumprimento da normativa vixente, estamos implicados no desenvolvemento social e cultural da comunidade á que pertencemos.

ler mais

Datos de contacto

CONSERVAS ANTONIO PEREZ LAFUENTE S.A.

C/ XUNQUEIRA, 3
36620 VILANOVA DE AROUSA
PONTEVEDRA – ESPAÑA

Telf: 0034 986554045
Fax: 0034 986554063

Email: info@perezlafuente.com
www.perezlafuente.com
www.pandomar.net
www.pan-do-mar.de