Pan do Mar ofrece conservas de peixe e mariscos de pesca sustentable e controlada, con aceites, mollos e escabeches elaborados con ingredientes procedentes da agricultura orgánica: unha ampla gama de produtos para satisfacer os diferentes gustos dos nosos clientes. Conservas Antonio Pérez Lafuente, unha compañía con preto de 100 anos de tradición e experiencia. Alta calidade e sabor natural combinados cun razoable equilibrio e respecto pola natureza.
A nosa proposta
MEXILLÓNS ECOLÓXICOS ENVASADOS EN ESCABECHE ECOLÓXICO (115g)
Os nosos mexillóns proveñen da acuicultura ecolóxica certificada, a que se desenvolve en harmonía co medio ambiente axudando a promover a sostenibilidade das especies, ao mesmo tempo que axuda ao mantemento da familias de longa tradición mariñeira.
Estes mexillóns son apañados na costa atlántica da Península Ibérica, caracterizada polas súas aguas profundas e claras, cun alto contido de nutrientes naturais, o que permite desenvolver un excepcional tamaño e particular sabor.
Envasados no tradicional escabeche feito con aceite de oliva virxe extra, vinagre, pimentón, cebola e allo, todos procedentes da agricultura ecolóxica certificada.
Trazabilidad do peixe certificada por Kiwa. Autoridade española de control da produción ecolóxica: ES-GA-ES/CRAEGA. Producido de acordo ao regulamento europeo para para a produción ecolóxica UE/ 834/2007. Trazabilidade do peixe certificada por Kiwa España, S.L.U
- Peso Neto
- 115g.
- Peso Escurrido
- 85g.
- Ingredientes
Mejillones (70%)**, Aceite de oliva virgen extra (18%)*, Vinagre (7%)*, Pimentón*, cebolla*, Ajo*, Sal marina. (*: procedente de la agricultura ecológica), (**: procedentes de la acuicultura ecológica).
- Producto libre de gluten



