O mexillón que envasamos pertence á especie Mytilus galloprovincialis, é un molusco bivalvo de concha lisa e cór negra azulada, moi rico en proteínas e minerais. Vive fixo ás rochas na zona intermareal e o seu crecemento é rápido, en un ano desenvolve o seu tamaño normal. Na ría de Arousa, grazas ás condicións de temperatura e nutrientes das augas, alcanza óptimas condicións de tamaño e sabor.

En Galicia cultívase desde hai anos como medio de vida alternativo para a poboación das vilas marineiras co fin de evitar a sobreexplotación en pesca extractiva. O cultivo do mexillón realízase en cordas que penduran de parques flotantes usando como cría a que nace naturalmente nas rochas do litoral.

Para a certificación do mexillón como procedente da agricultura ecolóxica todo o proceso de cría, engorda e procesado é supervisado polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia a partir dun estrito protocolo establecido conforme ao Reglamento Europeo 834/2007 do que debe verificarse o seu cumprimento para poder obter a certificación correspondente.