Conservas Antonio Pérez Lafuente é unha empresa familiar dedicada á elaboración de conservas de produtos do mar desde comezos do século pasado e que ten as súas raíces en 1892; a nosa factoría está ubicada en Vilanova de Arousa, vila costeira do noroeste da Península Ibérica.
QUE FACEMOS?
En APL sentímonos herdeiros dunha tradición secular de fabricantes de conservas e por isto nos prezamos de manter os métodos de elaboración e tratamento do peixe que nos transmitiron os nosos maiores, sen renunciarmos aos avanzos técnicos en materia de control e seguridade alimentarias.
Os principios que rexen a nosa actividade son:
-
- A pesca realízase con embarcacións de baixura (pesca costeira) propias das comunidades locais de enraizadas tradicións familiares na pesca, empregando artes tradicionais non depredadoras.
- Elaboración artesanal: Todo o peixe se coce, se limpa e se fileta a man e envásase nas nosas instalacións seguindo prácticas e receitas tradicionais da cociña local.
- Pesca sostenible: Todo o peixe que se procesa na factoría procede de pescarías consideradas como sustentables e é capturado con artes de pesca tradicionais seguindo criterios homologados pola FAO e organizacións conservacionistas baseados no emprego de métodos de pesca selectiva e controlada.
- Ingredientes ecolóxicos: O mesmo interese na conservación do medio natural rexe para a selección dos ingredientes que acompañan os nosos elaborados de peixe e mariscos, aceites de oliva extra virxe de primeira prensaxe en frío, vexetais, especiarías e vinagres para mollos, todos provenientes de cultivos ecolóxicos e biodinámicos certificados.
A noción que inspira o noso traballo é a de Respecto:
Respecto polo ambiente, posto que acreditamos termos a obriga de deixar aos nosos fillos un mundo tan rico e variado como o que nós recibimos. Respecto polo traballo dos nosos empregados e colaboradores. Respecto polos nosos clientes que merecen a mellor calidade que poidamos conseguir nos nosos produtos.
O equipo ao completo.
Eduardo e Álvaro a traballar coas encomendas dos clientes.
Chery e José Luis revisando a faturación.
Mónica en control de calidade.
O equipo de almacén.