Pan do Mar ofrece conservas de peixe e mariscos de pesca sustentable e controlada, con aceites, mollos e escabeches elaborados con ingredientes procedentes da agricultura orgánica: unha ampla gama de produtos para satisfacer os diferentes gustos dos nosos clientes. Conservas Antonio Pérez Lafuente, unha compañía con preto de 100 anos de tradición e experiencia. Alta calidade e sabor natural combinados cun razoable equilibrio e respecto pola natureza.

XOUBAS EN ACEITE DE OLIVA ECOLÓXICO (120g)

Sardiñas procedentes da pesca de baixura do litoral noroeste da Península Ibérica (norte de Portugal e Galicia), capturadas con artes tradicionais sen a utilización de redes de arrasto ou de fondo, evitando desta maneira a pesca de especies e tamaños non comerciais ou protexidos. A pesca en augas europeas evita longos transportes de peixe por medio mundo, axuda a mellorar o balanzo de CO2 e ten un menor consumo de enerxía.

O tamaño desta sardiña, 14-15 cm corresponde a individuos que teñen máis de un ano de vida e que, por tanto, completaron xa un ciclo reprodutivo, asegurando desta maneira os stocks naturais necesarios para o mantemento das futuras xeracións da especie.

As sardiñas son limpadas e envasadas a man con aceite de oliva virxe extra de primeira prensaxe en frío procedente da agricultura ecolóxica española certificada.

Esta pesca realízase conforme aos regulamentos da Unión Europea e dos estados de Portugal e España que comprenden periodos de veda de pesca e limites de captura por tripulante, por día de pesca e por embarcación.

Ingredientes ecolóxicos certificados por BCS Öko-Garantie (Nürnberg, Alemaña) Autoridade española de control da produción ecolóxica: ES-GA-ES/CRAEGA, Consello Regulador da Produción Ecolóxica de Galicia. Producido de acordo ao regulamento europeo para para a produción ecolóxica UE/ 834/2007 art. 23.

Peso Neto
120 gr.
Peso Escurrido
90 gr.
Ingredientes
Sardinas medianillas (75%),  Aceite de oliva virgen extra (24%)*, Sal marina. (*: procedente de la agricultura ecológica).
Producto libre de gluten