A especie Engraulis encrasicolus, a popular anchova, bocarte ou bocaréu, é un peixe de 15 cm semellante na súa forma á sardiña, que se caracteriza por unha peculiar banda prateada nos costados e se consome principalmente en salmoira.
Péscanse de noite cando emerxen grandes cardumes para alimentarse de plancton, e constitúe unha das fontes tradicionais de riqueza para as comunidades pesqueiras do litoral atlántico español ao permitir o desenvolvemento dunha importante industria de salga.

Sometida a súa captura a estritos controles polas autoridades, as poboacións desta especie non presentan problemas permitindo que a industria se estableza con regularidade.

O consumo de anchova con orixe nesta zona de pesca é recomendada tamén por diferentes organizacións de defensa do ambiente tais como Greenpeace pola sustentabilidade tanto desde o punto de vista da saúde do recurso como pola súa captura artesanal.

O emprego desta especie en salmoira coñécese no Mediterráneo desde o tempo dos fenicios. En España popularizouse no século XIX comercializándose como semi-conserva polo que debe conservarse en lugar fresco e consumirse antes de un ano.