Pan do Mar ofrece conservas de peixe e mariscos de pesca sustentable e controlada, con aceites, mollos e escabeches elaborados con ingredientes procedentes da agricultura orgánica: unha ampla gama de produtos para satisfacer os diferentes gustos dos nosos clientes. Conservas Antonio Pérez Lafuente, unha compañía con preto de 100 anos de tradición e experiencia. Alta calidade e sabor natural combinados cun razoable equilibrio e respecto pola natureza.

A nosa proposta
TENTÁCULOS DE LURA EN MOLLO GALEGO ECOLÓXICO (120g)
Pedazos de tentáculos de lura xigante pescado polos mariñeiros nativos da costa do Pacífico peruano, cocidos ao vapor e envasados en mollo típico galego elaborado con aceite de oliva virxe extra, pimentón e especias, procedentes da agricultura ecolóxica certificada.
A lura xigante ou lura de Humboldt, é unha especie que abonda nas augas cálidas das costas do Pacífico meridional sudamericano. Esta pesca forma parte do modo de vida tradicional dos mariñeiros que empregan para ela pequenas embarcacións e artes tradicionais, evitando desta maneira a sobrepesca ou captura de especies non comerciais ou protexidas.
Esta pescaría está controlada e certificada polas autoridades pesqueiras e sanitarias peruanas en toda a súa cadea produtiva, comprendendo épocas de captura, habilitación das embarcacións, procesado e conxelado en plantas habilitadas.
Ingredientes ecolóxicos certificados por BCS Öko-Garantie (Nürnberg, Alemaña) Autoridade española de control da produción ecolóxica: ES-GA-ES/CRAEGA, Consello Regulador da Produción Ecolóxica de Galicia. Producido de acordo ao regulamento europeo para para a produción ecolóxica UE/ 834/2007 art. 23.c.i.

- Peso Neto
- 120g.
- Peso Escurrido
- 90g.
- Ingredientes
- Tentáculos de calamar (75%), Aceite de oliva virgen extra (22%)*, Pimentón*, Cebolla*, Ajo*, Sal marina. (*procedente de la agricultura ecológica).
- Producto libre de gluten