Pan do Mar ofrece conservas de peixe e mariscos de pesca sustentable e controlada, con aceites, mollos e escabeches elaborados con ingredientes procedentes da agricultura orgánica: unha ampla gama de produtos para satisfacer os diferentes gustos dos nosos clientes. Conservas Antonio Pérez Lafuente, unha compañía con preto de 100 anos de tradición e experiencia. Alta calidade e sabor natural combinados cun razoable equilibrio e respecto pola natureza.

A nosa proposta
FILETES DE RINCHA EN MOLLO PICANTE ECOLÓXICO (120g)
Filetes de rincha sen pel nin espiñas provenientes da pesca sustentable e controlada, capturadas polos mariñeiros artesanais de baixura da costa norte de España.
Pescadas empregando o método “liña de man” directamente sobre o cardume e sen utilización de redes.
Este método de pesca é recomendado por diversas organizacións conservacionistas xa que prevén as devolucións por tamaños indesexados e de especies non comerciais ou protexidas, asegurando os stocks naturais necesarios para o mantemento das xeracións futuras da especie. A non utilización de redes é unha garantía tamén para a calidade do peixe empregado neste produto.
O peixe límpase e filetase a man e envásase nun mollo caseiro elaborado con aceite de oliva virxe extra de primeira prensaxe en frío, tomate, cebola e especias provenientes da agricultura ecolóxica certificada.
Esta pesca realízase conforme aos regulamentos da Unión Europea que comprenden periodos de veda de pesca e limites de captura por tripulante, por día de pesca e por embarcación.
Ingredientes ecolóxicos certificados por BCS Öko-Garantie. Autoridade española de control da produción ecolóxica: ES-GA-ES/CRAEGA, Consello Regulador da Produción Ecolóxica de Galicia. Producido de acordo ao regulamento europeo para para a produción ecolóxica UE/ 834/2007 art. 23.

- Peso Neto
- 120g.
- Peso Escurrido
- 90g.
- Ingredientes
- Filetes de caballa (75%), Tomate (12%)*, Aceite de oliva virgen extra (7%)*, Cebolla (3%)*, Pimentón*, Sal marina. (* procedente de la agricultura ecológica).
- Producto libre de gluten