Pan do Mar ofrece conservas de peixe e mariscos de pesca sustentable e controlada, con aceites, mollos e escabeches elaborados con ingredientes procedentes da agricultura orgánica: unha ampla gama de produtos para satisfacer os diferentes gustos dos nosos clientes. Conservas Antonio Pérez Lafuente, unha compañía con preto de 100 anos de tradición e experiencia. Alta calidade e sabor natural combinados cun razoable equilibrio e respecto pola natureza.

Ventrecha de atún claro en aceite de oliva ecolóxico (120g)

Ventrechas de atún claro, “Yellowfin”, provenientes da pesca controlada e sustentable, capturados polos mariñeiros costeiros artesanais do Atlántico medio – este. Pescados con cana un a un e envasados en aceite de oliva virxe extra da agricultura ecolóxica española e certificada.

A pesca con cana, método recomendado por diversas organizacións ambientalistas, prevén as devolución por tamaños indesexados e de especies non comerciais ou protexidas asegurando os stocks naturais necesarios para o mantemento das xeracións futuras da especie. A non utilización de redes é unha garantía para a calidade e frescura do peixe utilizado neste produto.

Esta pesca realízase conforme aos regulamentos de pesca da Unión Europea, é controlada pola ICCAT (Comisión Internacional para a Conservación do Atún do Atlántico) e supervisada polo Earth Institute (Dolphin Safe).

Ingredientes ecolóxicos certificados por BCS Öko-Garantie. Autoridade española de control da produción ecolóxica: ES-GA-ES/CRAEGA, Consello Regulador da Produción Ecolóxica de Galicia. Producido de acordo ao regulamento europeo para para a produción ecolóxica UE/ 834/2007 art. 23

 Ventrecha de atún claro en aceite de oliva ecolóxico (120g)
 Ventrecha de atún claro en aceite de oliva ecolóxico (120g)
Peso Neto
120 gr.
Peso Escurrido
90 gr.
Ingredientes

Ventrescas de Atún claro (75%), Aceite de oliva virgen extra (24%)*, Sal marina. (*:procedente de la agricultura ecológica).

Producto libre de gluten