Alén do mero cumprimento da normativa vixente, estamos implicados no desenvolvemento social e cultural da comunidade á que pertencemos.

COMPROMISO COS TRABALLADORES:

Na empresa sempre apostamos pola continuidade e permanencia, factor básico para a transmisión dunha cultura.

Como empresa de marcado carácter familiar, non é extraño que o posto de traballo se transmita de pais a fillos, tanto a nivel de dirección como de fabricación. A maioría do persoal está composto por mulleres con unha longa experiencia, moitas delas desenvolveron toda a súa vida laboral na empresa, de maneira que algunhas levan preto de 50 anos connosco.

É o caso de Felisa Torrado, á que con ocasión do seu retiro para se acoller á xubilación após 51 anos de traballo ininterrumpido na empresa, APL lle entrega a medalla conmemorativa

Felisa 001 copia

COMPROMISO CO AMBIENTE:

A responsabilidade da empresa non se esgota no seu día a día. Se erguemos a vista, queda claro que todos somos copartícipes dunha empresa común: manter a variedade e riqueza do mundo. Por esta razón a empresa coopera con diversas asociacións apoiando o seu traballo voluntario na conservación do patrimonio biolóxico e cultural do país

Neste sentido ONGs tais como CEMMA, AGCT ou DROSERA reciben a nosa colaboración para levar adiante os seus proxectos relacionados co ambiente

CEMMA- Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños: é unha ONG galega que ten como obxecto o estudo dos cetáceos, tartarugas e demáis animais mariños que frecuentan as augas costeiras de Galicia, tendo ademáis ao seu cargo a asistencia e recuperación daqueles individuos que varan nas súas costas. Na actualidade Conservas Antonio Pérez Lafuente patrocina un estudo das poboacións costeiras de golfiños mediante fotoidentificación.

CEMMA DVD 012

Asociación Galega de Custodio do Territorio: división local dun movemento internacional que pretende implicar aos propietarios e usuarios da terra – agricultores, gandeiros- na conservación e bo uso dos recursos naturais, culturais e paisaxísticos. Conservas Antonio Pérez Lafuente é o seu primeiro socio benfeitor.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Asociación Drosera para o estudo e conservación do medio natural de Galicia: están especialmente implicados no estudo das poboacións locais de morcegos. Conservas Antonio Pérez Lafuente colabora aportando fondos para a elaboración un Atlas dos morcegos de Galicia.

murcielagos