Paté elaborado con filetes de rincha limpadas a man, sen pel nin espiñas, provenientes da pesca sustentable e controlada, capturadas polos mariñeiros artesanais de baixura da costa norte de España, empregando o arte denominado “liña de man”, directamente sobre o cardume e sen o emprego de redes.
Este método de pesca é recomendado por diversas organizacións conservacionistas e considerado como sustentable xa que prevén as devolucións por tamaños indesexados e de especies non comerciais ou protexidas. A non utilización de redes é unha garantía tamén para a calidade do peixe empregado neste produto.
Elaborado a man segundo a receita tradicional con filetes de rinchas sen pel nin espiñas, pementos, aceite de oliva virxe extra de primeira prensaxe a frio, cebola, allo e pementa procedentes da agricultura ecolóxica certificada.
A pesca da rincha realízase conforme aos regulamentos da Unión Europea e de España que comprenden periodos de veda de pesca e limites de captura por tripulante, por día de pesca e por embarcación. A pesca en aguas europeas evita longos transportes de peixe por medio mundo, axuda a mellorar o balanzo de CO2 e ten un menor consumo de enerxía.
Trazabilidad do peixe certificada por Kiwa. Autoridade española de control da produción ecolóxica: ES-GA-ES/CRAEGA, Consello Regulador da Produción Ecolóxica de Galicia. Producido de acordo ao regulamento europeo para para a produción ecolóxica UE/ 834/2007 art. 23/c.i



