Paté elaborado con atúns procedentes da pesca controlada e sustentable, capturados a cana un a un polos mariñeiros costeiros artesanais do Atlántico medio – este. Elaborado a man segundo a receita tradicional con atún, olivas da variedade “Hojiblanca”, aceite de oliva virxe extra de primeira prensaxe a frío, cebola, allo e pementa procedentes da agricultura ecolóxica certificada.

A pesca con cana, método recomendado por diversas organizacións ambientalistas, prevén as devolución por tamaños indesexados e de especies non comerciais ou protexidas asegurando os stocks naturais necesarios para o mantemento das xeracións futuras da especie. A non utilización de redes é unha garantía para a calidade e frescura do peixe utilizado neste produto.

Esta pesca realízase conforme aos regulamentos de pesca da Unión Europea, é controlada pola ICCAT (Comisión Internacional para a Conservación do Atún do Atlántico) e supervisada polo Earth Institute (Dolphin Safe).

Trazabilidad do peixe certificada por Kiwa. Autoridade española de control da produción ecolóxica: ES-GA-ES/CRAEGA, Consello Regulador da Produción Ecolóxica de Galicia. Producido de acordo ao regulamento europeo para para a produción ecolóxica UE/ 834/2007 art. 23