Instalouse o cartel que identifica a colaboración entre Conservas Antonio Pérez Lafuente, a Universidade de Vigo e a Comunidade de Montes de András para preservar e estudar un bosque de frondosas autóctonas de 16 hectáreas na parroquia de András, Vilanova de Arousa.
Esta alianza forma parte da Rede de Bosques Atlánticos Antigos, unha iniciativa que impulsa a protección de espazos forestais maduros e a súa investigación aplicada.
O acordo, con unha vixencia de cinco anos, contempla a cofinanciación por parte de Conservas Antonio Pérez Lafuente de traballos de conservación, seguimento e divulgación científica, co Observatorio de Gobernanza G3 da Universidade de Vigo como equipo dinamizador e asesor técnico.
O obxectivo é manter e poñer en valor este patrimonio natural —onde carballo, castiñeiro e bidueiro son especies predominantes— reforzando a súa función como sumidoiro de carbono e como aula viva para a comunidade.
Segundo estimacións técnicas da Comunidade de Montes, este bosque actúa como “pulmón forestal” capaz de reter arredor de 120 toneladas de CO₂ ao ano, achegando beneficios climáticos e de biodiversidade a escala local.
Para Conservas Antonio Pérez Lafuente, esta colaboración enlaza coa nosa traxectoria de sustentabilidade certificada e co arraigamento á nosa ría: coidamos o mar e tamén o monte que nos rodea.
Nos últimos anos, as nosas marcas foron recoñecidas polos seus procesos responsables e pola aposta por materias primas sustentables.
A Rede de Bosques Atlánticos Antigos continúa medrando en Arousa e na contorna, sumando novas hectáreas e alianzas de custodia que se coordinan dende o equipo promotor vinculado á UVigo. O noso compromiso é facilitar que ese avance teña continuidade, con resultados medibles en conservación e xeración de coñecemento aberto.









