Pedazos de tentáculos de lura xigante pescado polos mariñeiros nativos da costa do Pacífico peruano, cocidos ao vapor e envasados en mollo típico galego elaborado con aceite de oliva virxe extra, pimentón e especias, procedentes da agricultura ecolóxica certificada.

A lura xigante ou lura de Humboldt, é unha especie que abonda nas augas cálidas das costas do Pacífico meridional sudamericano. Esta pesca forma parte do modo de vida tradicional dos mariñeiros que empregan para ela pequenas embarcacións e artes tradicionais, evitando desta maneira a sobrepesca ou captura de especies non comerciais ou protexidas.​
Esta pescaría está controlada e certificada polas autoridades pesqueiras e sanitarias peruanas en toda a súa cadea produtiva, comprendendo épocas de captura, habilitación das embarcacións, procesado e conxelado en plantas habilitadas.

Trazabilidad do peixe certificada por Kiwa. Autoridade española de control da produción ecolóxica: ES-GA-ES/CRAEGA, Consello Regulador da Produción Ecolóxica de Galicia. Producido de acordo ao regulamento europeo para para a produción ecolóxica UE/ 834/2007 art. 23.c.i.