Filetes de rincha sen pel nin espiñas provenientes da pesca sustentable e controlada, capturadas polos mariñeiros artesanais de baixura da costa norte de España.

Pescadas empregando o método “liña de man” directamente sobre o cardume e sen utilización de redes.
Este método de pesca é recomendado por diversas organizacións conservacionistas xa que prevén as devolucións por tamaños indesexados e de especies non comerciais ou protexidas, asegurando os stocks naturais necesarios para o mantemento das xeracións futuras da especie. A non utilización de redes é unha garantía tamén para a calidade do peixe empregado neste produto.

O peixe límpase e filetase a man e envásase nun mollo caseiro elaborado con aceite de oliva virxe extra de primeira prensaxe en frío, tomate, cebola e especias provenientes da agricultura ecolóxica certificada.

Esta pesca realízase conforme aos regulamentos da Unión Europea que comprenden periodos de veda de pesca e limites de captura por tripulante, por día de pesca e por embarcación.

Trazabilidad do peixe certificada por Kiwa. Autoridade española de control da produción ecolóxica: ES-GA-ES/CRAEGA, Consello Regulador da Produción Ecolóxica de Galicia. Producido de acordo ao regulamento europeo para para a produción ecolóxica UE/ 834/2007 art. 23.