A rincha, ou xarda, que envasamos na nosa marca “Pan do Mar” pertence á especie Scomber scombrus, o “verdel” dos mariñeiros do Cantábrico, no norte de España e que baña as costas das rexións de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco.
A súa pesca, moi antiga, vai desde o Cabo de Bares até o Golfo de Biscaia e é realizada por embarcacións de baixura das numerosas vilas costeiras que poboan este litoral. Alternándose ao longo dos ciclos anuais de pesca coas costeiras do bocarte e o bonito, deu lugar a unha serie de costumes e modos de vida que constitúen unha cultura popular mariñeira.

O sistema de captura utilizado é o denominado “liña de man”, un cordel duns 12 a 15 m., cun prumo no extremo e provisto de varios anzós. Bótase desde a embarcación navegando devagar sobre o cardume e recolléndoo a man coa axuda dun carretel.

Nalgunhas embarcacións este carretel traballa de maneira mecánica para axudar a mellorar a calidade da recollida. Este método é altamente selectivo xa que, unido ao control das capturas e a estacionalidade das campañas, garante a sustentabilidade da pescaría reducindo ao mínimo as devolucións e a captura accidental de especies non comerciais ou protexidas.