Como apoio ao proceso de internacionalización da empresa, “Conservas Antonio Perez Lafuente, S.A” ten axuda concedida pola Xunta de Galicia a través do IGAPE para a contratación dun xestor, ao abeiro da Convocatoria de axudas do IGAPE para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo FSE de Galicia 2014-2020, e incluídas no Obxectivo Temático 08 de conseguir formación e un emprego de calidade.

Estas axudas teñen como obxectivo facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización e, a incorporación ou reinserción ao mercado laboral ao mesmo tempo que se apoia ás pemes galegas no seu proceso de internacionalización. O resultado que se pretende é que os profesionais sigan contratados tras a súa participación no programa, na mesma empresa ou noutras grazas a experiencia práctica recibida.

Fondo Social Europeo, O FSE inviste no teu futuro