Pan do Mar ofrece conservas de peixe e mariscos de pesca sustentable e controlada, con aceites, mollos e escabeches elaborados con ingredientes procedentes da agricultura orgánica: unha ampla gama de produtos para satisfacer os diferentes gustos dos nosos clientes. Conservas Antonio Pérez Lafuente, unha compañía con preto de 100 anos de tradición e experiencia. Alta calidade e sabor natural combinados cun razoable equilibrio e respecto pola natureza.

PATÉ DE SARDIÑAS CON PRIXEL ECOLÓXICO (125g)

Paté elaborado con sardiñas procedentes da pesca de baixura do litoral noroeste da Península Ibérica (norte de Portugal e Galicia), capturadas con artes tradicionais sen a utilización de redes de arrasto ou de fondo, evitando desta maneira a pesca de especies e tamaños non comerciais ou protexidos. A pesca en augas europeas evita longos transportes de peixe por medio mundo, axuda a mellorar o balanzo de CO2 e ten un menor consumo de enerxía.

Elaborado a man segundo a receita tradicional con filetes de sardiñas sen pel nin espiñas, prixel, aceite de oliva virxe extra de primeira prensaxe en frío, cebola, allo e pementa procedentes da agricultura ecolóxica certificada.

A pesca da sardiña realízase conforme aos regulamentos da Unión Europea e dos estados de Portugal e España que comprenden periodos de veda de pesca e limites de captura por tripulante, por día de pesca e por embarcación.

Ingredientes ecolóxicos certificados por BCS Öko-Garantie (Nürnberg, Alemaña) Autoridade española de control da produción ecolóxica: ES-GA-ES/CRAEGA, Consello Regulador da Produción Ecolóxica de Galicia. Producido de acordo ao regulamento europeo para para a produción ecolóxica UE/ 834/2007 art. 23.

 PATÉ DE SARDIÑAS CON PRIXEL ECOLÓXICO (125g)
Peso Neto
125g
Peso Escurrido
NA
Ingredientes

 Sardinas (55%),  Perejil (18%)*, Aceite de oliva virgen extra (12%)*, Puré de patatas (9%)*, Cebolla*, Ajo*, Pimienta*, Almidón de maíz*, Sal marina. (*: procedente de la agricultura ecológica)

Producto libre de gluten