Pan do Mar ofrece conservas de peixe e mariscos de pesca sustentable e controlada, con aceites, mollos e escabeches elaborados con ingredientes procedentes da agricultura orgánica: unha ampla gama de produtos para satisfacer os diferentes gustos dos nosos clientes. Conservas Antonio Pérez Lafuente, unha compañía con preto de 100 anos de tradición e experiencia. Alta calidade e sabor natural combinados cun razoable equilibrio e respecto pola natureza.

MEXILLÓNS ECOLÓXICOS ENVASADOS EN ESCABECHE ECOLÓXICO (115g)

Os nosos mexillóns proveñen da acuicultura ecolóxica certificada de moluscos bivalvos de Galicia, a que se desenvolve en harmonía co medio ambiente axudando a promover a sustentabilidade das especies, ao mesmo tempo que axuda ao mantemento da familias de longa tradición mariñeira.

Estes mexillóns son apañados de bateas situadas na Ría de Arousa, na costa noroeste de España, caracterizada polas súas aguas profundas e claras, cun alto contido de nutrientes naturais e cultivados en cordas de 12 m de lonxitude por un periodo de un ano, o que permite desenvolver un excepcional tamaño e particular sabor.

Envasados no tradicional escabeche feito con aceite de oliva virxe extra, vinagre, pimentón, cebola e allo, todos procedentes da agricultura ecolóxica certificada.

Ingredientes ecolóxicos certificados por BCS Öko-Garantie (Nürnberg, Alemaña) Autoridade española de control da produción ecolóxica: ES-GA-ES/CRAEGA, Consello Regulador da Produción Ecolóxica de Galicia. Producido de acordo ao regulamento europeo para para a produción ecolóxica UE/ 834/2007.

MEXILLÓNS ECOLÓXICOS ENVASADOS EN ESCABECHE ECOLÓXICO (115g)
Peso Neto
115g.
Peso Escurrido
85g.
Ingredientes

Mejillones (70%)**, Aceite de oliva virgen extra (18%)*, Vinagre (7%)*, Pimentón*, cebolla*, Ajo*, Sal marina. (*: procedente de la agricultura ecológica), (**: procedentes de la acuicultura ecológica).

Producto libre de gluten