Pan do Mar ofrece conservas de peixe e mariscos de pesca sustentable e controlada, con aceites, mollos e escabeches elaborados con ingredientes procedentes da agricultura orgánica: unha ampla gama de produtos para satisfacer os diferentes gustos dos nosos clientes. Conservas Antonio Pérez Lafuente, unha compañía con preto de 100 anos de tradición e experiencia. Alta calidade e sabor natural combinados cun razoable equilibrio e respecto pola natureza.

Atun Branco “Bonito do Norte” (220g)

Lombos de atun branco, “Bonito do Norte”, provenientes da pesca controlada e sustentable capturados polos mariñeiros costeiros artesanais do norte de España. Pescados con cana, un a un, limpos e envasados a man en aceite de oliva virxe extra de primeira prensaxe en frío procedente da agricultura ecolóxica española certificada.

A pesca con cana, método recomendado por diversas organizacións ambientalistas, prevén as devolución por tamaños indesexados e de especies non comerciais ou protexidas asegurando os stocks naturais necesarios para o mantemento das xeracións futuras da especie. A non utilización de redes é unha garantía para a calidade e frescura do peixe utilizado neste produto.

Esta pesca realízase conforme aos regulamentos de pesca da Unión Europea, é controlada pola ICCAT (Comisión Internacional para a Conservación do Atún do Atlántico) e supervisada polo Earth Institute (Dolphin Safe).

Ingredientes ecolóxicos certificados por BCS Öko-Garantie. Autoridade española de control da produción ecolóxica: ES-GA-ES/CRAEGA, Consello Regulador da Produción Ecolóxica de Galicia. Producido de acordo ao regulamento europeo para para a produción ecolóxica UE/ 834/2007 art. 23

Atun Branco “Bonito do Norte” (220g)
Peso Neto
220g.
Peso Escurrido
154g.
Ingredientes

Atún blanco (70%), Aceite de oliva virgen extra (28%)*, Sal marina. (* procedente de la agricultura ecológica).

Producto libre de gluten