Pan do Mar ofrece conservas de peixe e mariscos de pesca sustentable e controlada, con aceites, mollos e escabeches elaborados con ingredientes procedentes da agricultura orgánica: unha ampla gama de produtos para satisfacer os diferentes gustos dos nosos clientes. Conservas Antonio Pérez Lafuente, unha compañía con preto de 100 anos de tradición e experiencia. Alta calidade e sabor natural combinados cun razoable equilibrio e respecto pola natureza.

FILETES DE ANCHOVA

Filetes de anchova (Engraulis encrasicolus) sen pel nin espiñas, procedentes das capturas realizadas con artes tradicionais da pescaría controlada do Golfo de Biscaia (zona FAO 27.VIII.c). Procesadas a man, maduradas en salga e envasadas en aceite de oliva extra procedente da agricutura ecolóxica certificada.

Estes filetes non están sometidos a procesos de esterilización, os seus conservantes naturais son o sal e o aceite, polo que se recomenda mantelos nun lugar fresco e a baixa temperatura.

Autoridade española de control da produción ecolóxica: ES-GA-ES/CRAEGA, Consello Regulador da Produción Ecolóxica de Galicia. Proceso dos ingredientes ecolóxicos e trazabilidade da pesca controlados e certificados por BCS Öko-Garantie. Producido de acordo ao regulamento europeo para para a produción ecolóxica UE/ 834/2007 art. 23

FILETES DE ANCHOVA
Peso Neto
50g
Peso Escurrido
30g
Ingredientes

Filetes de anchoas (Anchoas, sal): 60%, Aceite de oliva virgen extra*: 40%. (*: procedente de la agricultura ecológica; 40% de los ingredientes proceden de la agricultura ecológica certificada).

Producto libre de gluten