Conservas Antonio Pérez Lafuente é unha empresa familiar dedicada á elaboración de conservas de produtos do mar desde comezos do século pasado; a nosa factoría está ubicada en Vilanova de Arousa, vila costeira do noroeste da Península Ibérica.

“PAN DO MAR”, o nome co que presentamos os nosos produtos, quere reflectir a nosa historia e filosofía de traballo, basada no aproveitamento dos recursos mariños de maneira racional e sustentable, procesados con métodos tradicionais.

QUE FACEMOS?

En APL sentímonos herdeiros dunha tradición secular de fabricantes de conservas e por isto nos prezamos de manter os métodos de elaboración e tratamento do peixe que nos transmitiron os nosos maiores, sen renunciarmos aos avanzos técnicos en materia de control e seguridade alimentarias.

Os principios que rexen a nosa actividade son:

  • A pesca realízase con embarcacións de baixura (pesca costeira) propias das comunidades locais de enraizadas tradicións familiares na pesca, empregando artes tradicionais non depredadoras.
  • Elaboración artesanal: Todo o peixe se coce, se limpa e se fileta a man e envásase nas nosas instalacións seguindo prácticas e receitas tradicionais da cociña local.
  • Pesca sostenible: Todo o peixe que se procesa na factoría procede de pescarías consideradas como sustentables e é capturado con artes de pesca tradicionais seguindo criterios homologados pola FAO e organizacións conservacionistas baseados no emprego de métodos de pesca selectiva e controlada.
  • Ingredientes ecolóxicos: O mesmo interese na conservación do medio natural rexe para a selección dos ingredientes que acompañan os nosos elaborados de peixe e mariscos, aceites de oliva extra virxe de primeira prensaxe en frío, vexetais, especiarías e vinagres para mollos, todos provenientes de cultivos ecolóxicos e biodinámicos certificados.
  • A noción que inspira o noso traballo é a de Respecto:

    Respecto polo ambiente, posto que acreditamos termos a obriga de deixar aos nosos fillos un mundo tan rico e variado como o que nós recibimos. Respecto polo traballo dos nosos empregados e colaboradores. Respecto polos nosos clientes que merecen a mellor calidade que poidamos conseguir nos nosos produtos.

    O equipo ao completo.
    El equipo

    Eduardo e Álvaro a traballar coas encomendas dos clientes.
    La Dirección General y la Comercial

    Chery e José Luis revisando a faturación.
     La Administración

    Mónica en control de calidade.
    Captura de pantalla 2014-12-15 a la(s) 04.01.15

    O equipo de almacén.
    La Logística